Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 27 de novembro de 1995 Páx. 8.770

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 24 outubro 1995, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Lugo, pola que se anuncia a toma de posesión dos predios de substitución na zona de Barreiro (Antas de Ulla-Lugo).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Barreiro (Antas de Ulla-Lugo) que, co obxecto de que tomen posesión deles, se poñen á disposición dos respectivos propietarios dos predios de substitución, fixándose como data límite, para a dita toma de posesión, o 31 de decembro de 1995, a falta de acordo do propietario deles e o novo adxudicatario do predio en que se atopen.

Segundo establece o artigo 46 da Lei de concentración parcelaria para Galicia do 14 de agosto de 1985, no prazo de trinta días hábiles, contados desde o 1º de xaneiro de 1996, os interesados poderán reclamar, achegando dictame pericial de todos e cada un dos predios, sobre diferencias superiores ó dous por cento, entre a cabida real dos novos predios e a que consta no expediente de concentración.

De acordo co artigo 45 da devandita lei, o propietario que non permita a toma de posesión dos predios, será obxecto de compulsión directa, logo de apercibimento ou instrucción dun expediente incoado para o efecto.

Así mesmo, ponse en coñecemento de todos que a posesión dos predios de substitución outórgalles a aqueles que no acordo de concentración figuren como adxudicatarios, os medios de defensa establecidos polas leis. Advírtese que todo aquel que non abandonou a posesión na data antes fixada, poderá verse privado das colleitas, a falta de acordo co adxudicatario.

Lugo, 24 de outubro de 1995.

Fernando López Gutiérrez

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento

Rural