Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 27 de novembro de 1995 Páx. 8.659

II. AUTORIDADES E PERSOAL

SUBSTITUCIÓNS:

PRESIDENCIA

DECRETO 299/1995, do 24 de novembro, polo que se acorda encargar do despacho de asuntos da Presidencia, durante a ausencia do seu titular, o conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

Con motivo da viaxe do presidente da Xunta de Galicia a Francia, é necesario prover a sustitución durante o tempo da súa ausencia.

Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26.7º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único:

Durante a ausencia do presidente da Xunta de Galicia, con motivo da súa viaxe a Francia, encárgaselle o despacho de asuntos da Presidencia, dende o día 27 de novembro ata o seu regreso, ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 1995.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente