Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 24 de novembro de 1995 Páx. 8.655

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 1995 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso aberto, dun servicio de consultoría e asistencia técnica para a elaboración e impartición do II curso superior teórico-práctico de xestión medio ambiental.

Pola resolución do director da EGAP do día 3 de novembro do ano actual, aprobouse promover expediente para a contratación, polo sistema de concurso aberto, dun servicio de consultoría e asistencia técnica para a elaboración e impartición do II curso superior teórico-práctico de xestión medio ambiental, e de acordo coa normativa vixente faise pública a correspondente licitación, segundo o seguinte resumo:

Obxecto: elaboración do contido do programa, impartición das correspondentes clases, subministración do respectivo material didáctico e outros, referentes ó II curso superior teórico-práctico sobre xestión medio ambiental.

Tipo de licitación: seis millóns de pesetas, á baixa.

Prazo de execución: cinco meses, a partir da data de iniciación do curso, que será determinada pola EGAP.

Garantías: a fianza provisional será de cento vinte mil pesetas, e a definitiva equivalerá ó 4% do importe da adxudicación.

Prazo e lugar de presentación de proposicións: as proposicións, en modelo oficial, presentaranse en sobres pechados, que poderán estar lacrados, e entregaranse no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou no da Escola Galega de Administración Pública, en horas de oficina, durante o prazo de vinteseis días naturais contados desde o seguinte da publicación deste anuncio no DOG.

Exame do expediente: na Xefatura de Estudios da EGAP (Polígono das Fontiñas - rúa de Madrid 2-4, en Santiago de Compostela), de 8.30 a 14.30 horas, de luns a venres, en días laborais.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 1995.

Jaime Rodríguez-Arana Muñoz

Director da Escola Galega de Administración Pública

7448