Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 24 de novembro de 1995 Páx. 8.654

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 16 novembro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia concurso público aberto da asistencia técnica consistente na realización da publicación Memorias de Investigación, dos centros de investigacións agrarias de Mabegondo e Lourizán.

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso aberto,

Obxeto: contratación da asistencia técnica consistente na realización da publicación Memorias de Investigación, dos centros de investigacións agrarias de Mabegondo e Lourizán, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para ela.

Presuposto de licitación: seis millóns de pesetas (6.000.000 de ptas.).

Clasificación: non é necesaria.

Fianza provisional: exenta.

Fianza definitva: 4% do orzamento de licitación.

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto así como o prego de claúsulas administrativas particulares estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no Servicio de Estudios e Publicacións da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Lázaro, 65, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de claúsulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 18 de decembro de 1995.

A apertura de proposicións terá lugar o día 20 de decembro de 1995, ás 13 horas, nas oficinas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela).

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 16 de novembro 1995.

P D. (Orde 13-12-93, DOG nº 239, 14-12-93)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

9507316