Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 24 de novembro de 1995 Páx. 8.650

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de novembro 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4438 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.; r/ Cidade de Viveiro, 4-1º Lugo.

Finalidade: subministrar enerxía eléctrica ó edificio Parque-2 Os Molineros.

Orixe da liña: C.T. Castelao e C.T. Celta.

Final: C.T. que se vai instalar.

Situación do transformador: en local Parque-2 Os Molineros.

Características: liña subterránea de media tensión a 20 kV, cunha lonxitude de 275 metros, con cable D.H.V. 15/25 kV de 1x150 mm Al. Centro de transformación de 400 kVA 20.000/398-230 V ±5%, pra subministrar enerxía eléctrica ó edificio Parque-2 Os Molineros, no concello de Burela.

Orzamento: 3.609.295 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos,

por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.

Lugo, 3 de novembro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

7535