Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 24 de novembro de 1995 Páx. 8.650

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 1995, da Dirección Xeral de Industria, pola que se publica para efectos de competencia o proxecto do parque eólico denominado: Barbanza.

Para os efectos previstos no capítulo III do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento de enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, publícase para efectos de competencia a solicitude de autorización administrativa do mencionado parque eólico.

Peticionario: Endesa-Made.

Características básicas do parque eólico.

Nº aeroxeradores: 60.

Potencia unitaria ó aeroxerador: 330 KW.

Potencia total instalada: 19,8 MW

Altura das torres: 31 m.

Diámetro do rotor: 30,4 m.

Producción anual considerada: 54.948 Mwh.

Transformadores de, 0,6/20 kV: 13.

Subestación 20/66 kV: 1.

Lonxitude L.A.T.: 10 Km.

O orzamento total: 2.926.000.000 ptas.

A superficie así como os concellos afectados indícanse mediante as súas coordenadas poligonais referidas á cartografía oficial da Xunta de Galicia.

NomeConcelloVértices

X Y

BarbanzaBoiro, Porto

do Son,

A Pobra do

Caramiñal

0.503.300 4.727.250

0.503.850 4.727.250

0.504.950 4.427.000

0.506.750 4.727.000

0.506.750 4.724.600

0.504.950 4.724.600

0.503.850 4.723.300

0.502.600 4.723.300

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 1995.

P.D. (Art. 16 Lei 30/1992)

Ramón Ordás Badía

Subdirector xeral de Enerxía e Minas

95-07364