Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 24 de novembro de 1995 Páx. 8.649

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 359/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T., C.T. e R.B.T. en Praza de España, que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a L.M.T. 28.11 Carolinas-Ravela, alimentando en bucle ó C.T. que se proxecta en Praza de España, rematando na misma liña Carolinas-Ravela, concello de Vilagarcía de Arousa.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 160 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V.

C.T. de 630 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

R.B.T. subterránea, de 240 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Orzamento: 8.473.377 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 23 de outubro de 1995

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

7538