Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 24 de novembro de 1995 Páx. 8.648

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de outubro 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4412 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Compañía Telefónica Nacional de España, S.A.; r/ Rafael de Vega, 11-13, Lugo.

Finalidade: subministración de enerxía eléctrica para reemisor Castro de Moura-Lóuzara.

Orixe da liña: L.M.T. ó C.T. de Vilela.

Final: C.T. de Castro de Moura-Lóuzara.

Situación do transformador: Castro de Moura-Lóuzara.

Características: liña aérea a 20 kV, en conductor LA-56 de 54,6 mm Al, con postes de formigón e metálicos, cunha lonxitude de 531 metros. Centro de transformación tipo intemperie de 50 kVA 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión subterránea e aérea cunha lonxitude de 30 metros en conductor RZ-95-50-25, para subministración de enerxía eléctrica ó reemisor Castro de Moura-Lóuzara, no concello de Samos.

Orzamento: 5.000.063 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.

Lugo, 18 de outubro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-7297