Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 24 de novembro de 1995 Páx. 8.647

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de outubro 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4410 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.; r/ Sáenz Díez, 95, Ourense.

Finalidade: mellora do servicio eléctrico na zona.

Orixe da liña: P-22 da L.M.T. Fental-Lodoso-Novelúa.

Final: .C.T. de Fufín.

Situación do transformador: Fufin.

Características: liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56 de 54,6 mm Al, con postes de formigón e unha lonxitude de 1.014 metros. Centro de transformación tipo intemperie de 50 kVA 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-0,6/1 e unha lonxitude de 36 metros, sobre postes de formigón, para mellora do servicio eléctrico en Fufín, no concello de Monterroso.

Orzamento: 5.640.000 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.

Lugo, 17 de outubro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-7295