O artigo 39.5º da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, establece que poderán cursarse en escolas específicas estudios de música ou de danza. Así mesmo, a Orde do 11 de marzo de 1993 (DOG do 22 de abril de 1993) regula as condicións de creación e funcionamento destas escolas na Comunidade Autónoma de Galicia.
Pola súa parte o Decreto 232/1994, do 14 de xullo, no seu artigo 1, establece que lle corresponden á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria as competencias de planificación, regulación e administración do ensino en toda a súa extensión.
Presentada unha solicitude de inclusión no rexistro de escolas de música e danza, polo concello de Quiroga, dunha escola de música, os servicios competentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria comprobaron a efectividade do cumprimento dos requisitos esixidos na Orde do 11 de marzo de 1993.
Na súa virtude,
DISPOÑO:
Primeiro.-A escola, da que se mencionan os datos a continuación, queda incluída no rexistro de escolas de música e danza.
Denominación específica: escola de música municipal de Quiroga.
Titular: concello de Quiroga.
Domicilio: casa da cultura.
Localidade: Quiroga.
Provincia: Lugo.
Segundo.-A escola de música citada queda sometida ó réxime de escolas de música e danza, segundo se establece na Orde do 11 de marzo de 1993 (DOG do 22 de abril de 1993), e á inspección académica correspondente.
Disposicións derradeiras
Primeira.-Facúltase o director xeral de Ordenación Educativa e Centros para dicta-las disposicións necesarias no desenvolvemento desta orde.
Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 6 de novembro de 1995.
Juan Piñeiro Permuy
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria
7537