En cumprimento do establecido nos artigos 38 da Lei de contratos do Estado, 119 do Regulamento xeral de contratación do Estado e 24 do Regulamento de contratación da Universidade de Santiago de Compostela, faise público que o órgano de contratación da Universidade de Santiago de Compostela resolveu adxudicarlle o expediente número 045/1995 lote 1 á empresa Digital Equipament Corp.,, por un importe de 14.500.000 ptas., IVE incluído; lote 2 á empresa Vmarc España, por un importe de 8.500.000 ptas., IVE incluído; lote 3 á empresa Multimedia Systems, por un importe de 7.728.879 ptas., IVE incluído; lote 4 á empresa Intelsis Sistemas Inteligentes, S.A., por un importe de 2.195.132 ptas., IVE incluído..
Santiago de Compostela, 30 de outubro de 1995.
P.D. (R. 14-2-1995)
Manuel Castro Cotón
Vicerrector de Asuntos Económicos
7444