Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 23 de novembro de 1995 Páx. 8.621

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de outubro 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4409 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.; r Sáenz Díez, 95, Ourense.

Finalidade: mellora do servicio eléctrico na zona.

Orixe da liña: Apoio nº 3 da L.M.T. a Baralla.

Final: C.T. de Becerreá leste.

Situación do transformador: Becerreá leste.

Características: liña de media tensión a 20 kV, aérea de 88 metros de lonxitude, e liña de media tensión suberránea de 93 metros de lonxitude, en conductor LA-56, en postes de formigón. Centro de transformación tipo UNIBLOC de 250 kVA 20.000/398-230 V -2,5% -5%. Rede de baixa tensión en conductor R.V./240, R.Z./150, con unha lonxitude de 70 metros, para mellora do servicio eléctrico en Becerreá leste, no concello de Becerreá.

Orzamento: 7.215.000 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.

Lugo, 17 de outubro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

7516