Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 23 de novembro de 1995 Páx. 8.617

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 1995 pola que se anuncia a licitación do concurso polo procedemento aberto da obra de clave N/AC/91.12.2.

A) Obra.

1.-Alargamento e mellora da AC-441. Berdoias-Brandomil. Treito: Berdoias-Baíñas.

Clave: N/AC/91.12.2

Orzamento: trescentos oitenta e tres millóns catrocentas setenta e cinco mil novecentas oitenta e nove pesetas (383.475.989)

Prazo de execución: 24 meses

Clasificación: grupo A, subgrupo 2 categoría C

Grupo G, subgrupo 4, categoría E

Garantía provisional: 7.669.520 ptas.

(Declarada urxente con base no establecido no artigo 72 da Lei 13/1995 de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no artigo 36.2º da Lei 13/1995 de contratos das administracións úblicas, e unha garantía definitiva equivalente o 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviase por correo dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no Art. 100 do Regulamento

xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicions será realizada pola mesa de contratación ás once horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela 17 de novembro de 1995.

P.D. (O. 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

7410