Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 22 de novembro de 1995 Páx. 8.590

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 1995 pola que se anuncia o concurso público, procedemento aberto, para a subministración dun reflectómetro para medición de fibras ópticas con destino ó rectorado. (Expediente número 1051/1995).

Convócase concurso público, polo trámite de urxencia, para a subministración dun reflectómetro para medición de fibras ópticas con destino ó rectorado.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de subministracións por concurso público pódese retirar na xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do rectorado sita na r/ Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Maestranza, s/n, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da xerencia; se este día coincide en sábado relizarase o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación: dous millóns setecentas mil pesetas (2.700.000 ptas.).

Garantía provisional: cincuenta e catro mil pesetas (54.000 ptas.).

A Coruña, 13 de novembro de 1995.

P.D. (R. 30-3-1990)

José María Pujalte Giménez

Xerente da Universidade da Coruña

7627