Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 22 de novembro de 1995 Páx. 8.588

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 1995 pola que se anuncia o concurso público procedemento aberto, para a subministración de diverso material informático para a Escola Universitaria Politécnica de Ferrol. (Expediente número 1063/1995).

Convócase concurso público, polo trámite de urxencia, para a subministración de diverso material informático para a E.U. Politécnica de Ferrol.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación dos servicios de cafetería-comedor por concurso pódense retirar na Xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do rectorado sita na r/Maestranza, s/n A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/Maestranza, s/n de luns a venres e de 9 a 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, as 11 horas da mañán na sala de xuntas da xerencia; se este día coincide en sábado relizarase o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación: nove millóns de pesetas (9.000.000 ptas).

Garantía provisional: cento oitenta mil pesetas (180.000 ptas).

A Coruña, 13 de novembro de 1995.

P.D. (R.R. 30-3-1990)

José Manuel Pujalte Gimenez

Xerente da Universidade da Coruña

7652