Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 22 de novembro de 1995 Páx. 8.586

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 1995 pola que se anuncia o concurso público, procedemento aberto, para a subministración de diverso material informático para a ETS Arquitectura. (Expediente número 1067/1995).

Convócase concurso público, polo trámite de urxencia, para a subministración de diverso material informático para a ETS Arquitectura.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de subministracións por concurso público pódese retirar na Xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do rectorado sita na r/ Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Maestranza, s/n, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da xerencia; se este día coincide en sábado realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación: cinco millóns catrocentas mil pesetas (5.400.000 ptas.).

Garantía provisional: cento oito mil pesetas (108.000 ptas.).

A Coruña, 13 de novembro de 1995.

P.D. (R. 30-3-1990)

José María Pujalte Giménez

Xerente da Universidade da Coruña

7648