Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 22 de novembro de 1995 Páx. 8.582

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 1995 pola que se fai pública a adxudicación da contratación, polo sistema de procedemento negociado, da obra consistente na demolición de 74 vivendas modulares no polígono de Caranza, en Ferrol. Expediente C-95/REP 05.

Para os efectos do disposto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas, faise público que por resolución do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, do 27 de outubro de 1995, adoptada en virtude de delegación conferida mediante resolución do presidente do Instituto Galego da Vivenda e Solo, do 6 de abril de 1995, foille adxudicado o contrato á empresa Ferrovial, S.A., por un importe de sete millóns setecentas mil pesetas (7.700.000 pesetas) IVE incluído, e un prazo de execución dun mes.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 1995.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo

9507631