Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 22 de novembro de 1995 Páx. 8.580

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición do establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 319/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T. e C.T. na estrada Ponteareas-Ribadetea na Ponte, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Araujo Rial Construcciones, S.L.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o poste n.3 da L.M.T. a Piensos Avigan propiedade da empresa Sestelo y Cia, S.A. ata o C.T. que se proxecta na estrada de Ponteareas a Ribadetea, no lugar da Ponte, concello de Ponteareas.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., aérea, a 15/20 kV, de 175 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón.

C.T. de 160 kVA, relación de transformación 15/20 kV-220/380 V.

Orzamento: 2.442.110 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 28 de setembro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-7363