Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 22 de novembro de 1995 Páx. 8.579

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 1995 pola que se anuncia a declaración de deserto do concurso de proxecto e execución de obra de remodelación da estación de autobuses do Barco de Valdeorras (Ourense).

Vista a acta da mesa de contratación, de data 9 de novembro de 1995, constituída para proceder á apertura de plicas presentadas ó concurso de proxecto e execución de obra de remodelación da estación de autobuses do Barco de Valdeorras (Ourense), convocado por Resolución do 12 de setembro de 1995, e publicado no DOG do 9 de outubro de 1995, esta

consellería, de conformidade co establecido no artigo 89 da Lei de contratos das administraciones públicas,

RESOLVE:

Declarar deserto o concurso de proxecto e execución de obra de remodelación da estación de autobuses do Barco de Valdeorras (Ourense), por non presentarse ningunha oferta a este.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 1995.

(P.D. Orde 25-10-1983)

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

7436