Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 21 de novembro de 1995 Páx. 8.558

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión do 27 de outubro de 1995, aprobou inicialmente o plan parcial do solo urbanizable programado (SUP-2), en Cornes. O expediente exponse ó público no Negociado de Planeamento e Xestión polo prazo dun mes desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que xulguen oportunas.

Mentres non se aprobe definitivamente o plan parcial e, de se-lo caso, os instrumentos que o desenvolvan, non se poderán conceder licencias de parcelación, edificación ou derruba no seu ámbito.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 1995.

O alcalde

Rubricado

7622