Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 21 de novembro de 1995 Páx. 8.545

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO PENAL NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de requirimento (196/1995).

En virtude do acordado en resolución do día da data dictada en executoria número 196/1995, sobre un delito contra a seguridade do tráfico, contra o penado Antonio Conde Pereiro, nacido o día 14 de decembro de 1966, fillo de Manuel e de Hermosinda, natural e veciño de Mazaricos, con domicilio en Cabanude- Arcos, seguida por este xulgado do Penal, requírese o penado Antonio Conde Pereiro para que no prazo de 15 días faga efectivo o importe da multa de cen mil pesetas, co apercibimento de 16 días de arresto substitutorio en caso de non pagamento, e para que faga entrega do permiso de conducir por tempo de catro meses.

E para que lle sirva de requirimento a Antonio Conde Pereiro, expido e asino a presente cédula de requirimento en Santiago de Compostela o once de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario xudicial

Rubricado.

7393