Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 20 de novembro de 1995 Páx. 8.520

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4423 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., r/ Sáenz Díez, 95, Ourense.

Finalidade: subministración de enerxía eléctrica ó parque empresarial-Bóveda.

Orixe da liña: L.M.T. Monforte de Lemos-Oural.

Final: C.T. proxectado.

Situación do transformador: parque empresarial.

Características: liña de media tensión subterránea a 20 kV, en conductor R.H.V.-95, sobre postes de formigón, con unha lonxitude de 175 metros. Centro de transformación de 630 kVA 20.000/398-230 V ±2,5%, para subministración de enerxía eléctrica ó parque empresarial de Bóveda.

Orzamento: 7.797.471 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.

Lugo, 20 de outubro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-7287