Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., r/ Sáenz Díez, 95, Ourense.
Finalidade: mellora do servicio eléctrico na zona.
Orixe da liña: C.T. Outeiro.
Características: rede aérea de baixa tensión a 20 kV, en conductor R.Z.-0,6/1 kV de 3x95-50-25, con apoios de formigón e unha lonxitude de 620 metros, para mellora do servicio eléctrico en Outeiro, no concello de Paradela.
Orzamento: 1.686.000 pesetas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.
Lugo, 19 de outubro de 1995.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
95-7284