Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 20 de novembro de 1995 Páx. 8.517

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4408 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., r/ Sáenz Díez, 95, Ourense.

Finalidade: mellora do servicio eléctrico na zona.

Orixe da liña: apoio nº 21 L.M.T. ó C.T. de Centeais.

Final: C.T. Ferreira.

Situación do transformador: Ferreira.

Características: liñas de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56, con postes de formigón e unha lonxitude de 1.291 metros. Centro de transformación tipo intemperie de 50 kVA 20.000/400-231 V. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-3x95/54,6, e unha lonxitude de 20 metros, sobre apoios de formigón, para mellora do servicio eléctrico en Ferreira, no concello de Quiroga.

Orzamento: 5.535.000 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.

Lugo, 18 de outubro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-7282