Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 20 de novembro de 1995 Páx. 8.517

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 348/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T., C.T. e R.B.T. en Costela-Moalde, que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Hidroeléctrica Silleda.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a L.M.T. Bandeira-Moalde ata o C.T. que se proxecta en Costela-Moalde, concello de Silleda.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 30 m de lonxitude, con conductor tipo LA-30, sobre apoios de formigón.

C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-220/380 V.

R.B.T., aérea, de 200 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Orzamento: 4.000.000 de ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 16 de outubro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-07311