Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 17 de novembro de 1995 Páx. 8.494

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

EDICTO do 14 de novembro de 1995 polo que se anuncia a aprobación inicial do estudio de detalle para a ordenación de volumes na parcela sita na estrada de Garabolos-Garaballa.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 6-11-1995, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle para a ordenación de volumes na parcela sita na estrada de Garabolos-Garaballa, a solicitude de Juan Luis Veiga López.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes sométese a información pública por prazo de quince días, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo (oficinas municipais de Quiroga Ballesteros), e presentarse reclamacións ou suxerencias que se desexen.

Lugo, 14 de novembro de 1995.

P.D. (Decreto alcaldía 60/1995)

Ramón Jaime Arias Roca

Teniente alcalde delegado de área

Manuel Carrasco Uceda

Vicesecretario

7562