Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 17 de novembro de 1995 Páx. 8.493

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 1995 pola que se anuncia o concurso público aberto dun contrato de asistencia técnica para a realización do inventario de bens do Parlamento de Galicia e Valedor do Pobo.

En execución do acordo adoptado pola Mesa do Parlamento en reunión celebrada o día 19 de setembro e de conformidade co disposto no artigo 79 da Lei 13/1995, do 18 de maio, esta Presidencia presta a súa aprobación ó seguinte anuncio:

1. Obxecto do concurso.

É a adxudicación do contrato de asistencia técnica para a realización do inventario de bens do Parlamento de Galicia e do Valedor do Pobo.

2. Orzamento.

O prezo máximo de licitación fíxase en oito millóns (8.000.000) de pesetas, IVE engadido.

3. Órgano contratante.

O contrato será adxudicado pola Mesa do Parlamento de Galicia con sede no Pazo do Parlamento de Galicia na cidade de Santiago de Compostela.

4. Procedemento.

O procedemento de adxudicación seleccionado é o concurso público polo procedemento aberto.

5. Duración do contrato.

A duración máxima do contrato será de tres meses, e executarase de acordo co calendario que presente o adxudicatario.

6. Licitadores.

Poderán presenta-las súas ofertas as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras que, tendo plena capacidade de obrar non se atopen incursas en ningunha das prohibicións sinaladas no artigo 20 da Lei 13/1995, do 18 de maio.

7. Prazo de presentación de proposicións.

As ofertas presentaranse no rexistro xeral da cámara dentro dos 26 días hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia entre as 9.30 h e as 14 h e as 16 h e as 18.30 h, e os sábados de 10 h a 13 h.

8. Das ofertas.

As ofertas redactaranse facendo referencia expresa ás características da subministración subliñadas nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas tendo en conta as especificacións contidas na cláusula administrativa sexta.

As ofertas serán presentadas en un sobre no que figure a indicación seguinte: «Proposición para tomar parte no concurso para a realización do inventario de bens do Parlamento de Galicia e do Valedor do Pobo».

9. Garantías.

A garantía provisional fíxase no 2% do orzamento do contrato e a definitiva no 4%. Pódense constituír nalgunha das modalidades previstas no artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, nos servicios económicos do Parlamento de Galicia.

10. Apertura de proposicións.

O acto público de apertura dos sobres farase ante a mesa de contratación o cuarto día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación das proposicións, ás 12 h.

11. Criterios de adxudicación.

Os criterios determinantes da adxudicación son os relacionados na cláusula administrativa sexta e, conforme con eles, a mesa de contratación formulará a súa proposta de adxudicación dentro do prazo de 10 días naturais a partir da apertura das plicas.

12. Publicación.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas publicáronse no BOPG nº 324, do 2 de outubro, e atópanse a disposición dos interesados no rexistro xeral do Parlamento.

13. Publicación e información.

A demanda de información poderá facerse a través de:

-Telefax: (981) 57 10 41.

-Teléfono: (981) 56 16 00 (extensión 253).

14. Réxime xurídico.

Ademáis das normas contidas nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, terase en conta a lexislación xeral establecida para a contratación das administracións públicas.

Nos supostos de contenda xudicial e esgotada a vía administrativa perante a Mesa do Parlamento de Galicia, abrirase a vía contencioso administrativa perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 1995.

Victorino Núñez Rodríguez

Presidente

95-7540