Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 17 de novembro de 1995 Páx. 8.492

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de setembro 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4379 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.; rúa Sáenz Díez, 95, Ourense.

Finalidade: mellora do servicio eléctrico na zona.

Orixe da liña: apoio nº 30 L.M.T. Lodoso-Novelúa e nº 16 L.M.T. Cariz-Fental.

Final: C.T. de Novelúa.

Características: liñas de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56 de 54,6 mm Al, sobre apoios de formigón ou metálicos, cunha lonxitude de 4.339 metros a L.M.T. Fental-Lodoso e con 1.289 metros a L.M.T. al C.T. de Novelúa, para mellora do servicio eléctrico nos lugares de Fental, Lodoso e Novelúa, no concello de Monterroso.

Orzamento: 14.210.000 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir da publicación desta resolución.

Lugo, 25 de setembro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-7172