Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 16 de novembro de 1995 Páx. 8.449

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación por concurso aberto dunha auditoría informática no concello de Vigo.

I. Obxecto.

A realización de traballos de auditoría dos sistemas e aplicación informática que actualmente mantén en explotación o Concello de Vigo, todo iso de acordo co disposto no prego de condicións aprobado pola Comisión de Goberno do 27 de outubro de 1995.

A forma de adxudicación do contrato será o concurso aberto.

II. Prazo de licitación.

O prazo de execución da obra será de 60 días hábiles contados a partir da formalizaicón do contrato en documento administrativo.

III. Tipo de licitación.

O tipo de licitación fíxase en 8.120.000 ptas (IVE incluído).

IV. Fianzas.

Dispénsase a presentación da fianza provisional de acordo co disposto no Art. 36.2º da Lei de contratos das administración públicas. A fianza definitiva fíxase en 312.800 ptas.

V. Solvencia económica, financeira e técnica.

Os licitadores terán que acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 19 da Lei de contratos das administracións públicas.

VI. Prazo de presentación de proposicións.

As proposicións presentaranse en sobre pechado no rexistro xeral do Concello de Vigo, das 9 as 13 horas, dentro dos vinteseis días naturais seguintes ó da publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia, acompañadas da documentación esixida no prego de condicións.

VII. Apertura de plicas.

A apertura de plicas terá lugar ás doce horas do primeiro martes seguinte ó día en que remate o prazo de presentación de proposicións, na Casa do Concello. Se coincidise en día non hábil o de apertura de proposicións ou se por causas de forza maior esta non se celebrase, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

VIII. Criterios de adxudicación.

Serán os fixados na cláusula 6 do prego de condicións administrativas.

XIX. Modelo de proposición.

D/Dona......., con DNI número ......, expedido en ......, actuando en nome propio (ou en representación de ......), informado/a do concurso convocado polo Concello de Vigo para a contratación de auditoría informática, segundo anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia nº.... de data ...., fai constar:

a) Acepta integramente o prego de condicións que rexe a presente contratación que manifesta coñecer.

b) Achega a documentación técnica e administrativa esixida no prego de condicións.

c) Propón como prazo de execución do concurso o de .... ptas.

d) Fixa o prazo de execución do contrato en ...... días hábiles.

Vigo, 31 de outubro de 1995.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde de Vigo

7246