Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 16 de novembro de 1995 Páx. 8.447

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 1995 pola que se fai pública a adxudicación do expediente número 012/1995, relativo á subministración de uniformes e roupa de vestir.

En cumprimento do establecido nos artigos 38 da Lei de contratos do Estado, 119 do Regulamento xeral de contratación do Estado e 24 do Regulamento de contratación da Universidade de Santiago de Compostela, faise público que o órgano de contratación da Universidade de Santiago de Compostela resolveu adxudicarlle o expediente número 012/1995 á empresa Vesla, S.L., por un importe de 5.000.000 de ptas., IVE incluído.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 1995.

O rector

Rubricado

95-7234