Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 16 de novembro de 1995 Páx. 8.413

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 150/1995 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Eléctrica Cuntiense, con domicilio en Cuntis no que solicita autorización para instalar unha L.M.T., un C.T. e R.B.T. Cuntis III, concello de Cuntis, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu,

Autorizar a Eléctrica Cuntiense a instalación dunha L.M.T., un C.T. e R.B.T. Cuntis III, concello de Cuntis.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Pontevedra, 7 de agosto de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9507489