Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 15 de novembro de 1995 Páx. 8.401

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 1995 pola que se anuncia a convocatoria de adxudicación, polo procedemento aberto mediante a forma de poxa con tramitación de urxencia, da obra denominada depuradora e colector na ría de Barrañán -segunda fase- (incluída no plan provincial adicional ó de obras e servicios de competencia municipal de 1995).

1.-Obxecto do contrato.

O presente contrato ten por obxecto a execución da obra titulada segunda fase depuradora e colector en ría de Barrañán (redes de distribución).

2.-Tipo de licitación.

A licitación realizarase á baixa a partir do tipo de licitación (13.113.044 pesetas). Nas ofertas entenderase incluído o IVE.

3.-Prezos unitarios.

Os que figuran no orzamento do proxecto técnico.

4.-Prazo de execución.

O prazo de execución da obra é de tres (3) meses.

5.-Presentación de proposicións.

No rexistro xeral do concello, durante o prazo de 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no DOG e BOP, en horas de 9.30 a 13.30, en dous sobres pechados que poderán ser lacrados e precintados, asinados polo licitador e coa documentación esixida no prego de condicións, cláusula 12.2.

6.-Apertura de plicas.

A apertura de plicas celebrarase no salón de sesións da Casa do Concello, ás doce horas do día hábil seguinte (excepto sábados) ó día en que remate o prazo de presentación de plicas.

7.-Fianzas.

Establécense as seguinte fianzas:

a) Provisional: consistente no 2 por 100 do orzamento de licitación (262.261 ptas). Xuntarase por separado e fóra dos sobres de licitación.

b) Definitiva: consistente no 4 por 100 do orzamento de licitación e que constituirá quen resulte adxudicado da obra (524.522 ptas).

8.-Modelo de proposición.

O modelo de proposición será o seguinte:

Don/Dona...... con domicilio en ...... rúa ...... nº ..., teléfono ......, con DNI (ou pasaporte, ou documento que o substitúa) nº ......, actuando en nome propio (ou en representación de ......, DNI ou CIF nº ......, e con domición en ......, nº ..., teléfono......) toma parte na poxa con procedemento aberto, con tramitación de urxencia para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de ...... e para os seus efectos fai constar:

1).-Que ofrece o prezo de ...... ptas; que significa unha baixa de ...... ptas, en relación co tipo de licitación.

2).-Que coñece e acepta cantas obrigas se diriven dos pregos de condicións do presente contrato.

3).-Que xunta a documentación esixida no prego de condicións.

En ......, .... de ...... de 199...

O licitador (asinado e rubricado).

Modelo de sobre.

Sobre A: oferta económica.

Proposición para tomar parte na poxa das obras de ...... presentada por ......

(Lugar, data e sinatura do licitador).

Sobre B: documentación.

Proposición para tomar parte na poxa das obras de ...... presentada por ......

(Lugar, data e sinatura do licitador).

9.-O importe do presente anuncio correrá a cargo da empresa adxudicataria.

Arteixo, 6 de novembro de 1995.

Manuel Pose Miñones

Alcalde-presidente

7240