Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 14 de novembro de 1995 Páx. 8.348

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 outubro de 1995, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncia contratación, polo sistema de concurso mediante procedemento aberto e tramitación urxente, dun estudio previo á posta en marcha dunha unidade médica de corta estancia. (Expediente 21/1995).

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 15 de setembro de 1994 (DOG nº 191, do 3 de outubro), convoca o seguinte concurso:

Obxecto: contratación dun estudio previo á posta en funcionamento dunha unidade médica de corta estancia.

Orzamento: 2.750.000 ptas., IVE incluído.

Garantía provisional: 55.000 ptas.

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación urxente.

Prazo de execución: máximo de dous meses, desde a notificación da adxudicación.

Clasificación: non se esixe.

Solvencia económica e financeira: acreditarase mediante a presentación dunha declaración relativa á cifra de negocios, servicios, traballos realizados pola empresa nos últimos 3 anos.

Solvencia técnica: acreditarase mediante a descrición do equipo técnico, medidas empregadas pola empresa para asegura-la calidade e os medios de estudio e investigación de que dispón.

Criterios de adxudicación:

-Prazo de execución: ata 2 puntos.

-Calidade: ata 5 puntos.

-Precio: ata 3 puntos.

Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria pódese solicitar na Sección de Contratación Administrativa do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, rúa Pizarro, 22, 36204 Vigo, en días laborais desde as 9 ata as 14 horas. Teléfono nº (986) 81 60 28 e fax nº (986) 81 60 29.

Prazo de presentación de proposicions: As proposicions, deberanse presentar en man, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte o da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artígo 100 do RXCE.

Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no PCAP.

Apertura de proposicions: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público, na Sala de Xuntas do Hospital Xeral ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas, no caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicions terá lugar no día hábil seguinte.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Vigo, 30 de outubro de 1995.

Juan José Equiza Escudero

Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo

r95-07401