Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 14 de novembro de 1995 Páx. 8.341

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de setembro 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4391 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.; r/ Sáenz Díez, 95 Ourense.

Finalidade: mellora do servicio eléctrico na zona.

Orixe da liña: apoio formigón nº 28 subestación Palas de Rei-Monterroso.

Final: C.T. proxectado.

Situación do transformador: Gresulfe.

Características: liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56, en postes de formigón, cunha lonxitude de 212 metros. Centro de transformación aéreo, de 50 kVA 20.000/400-231 ± 2,5% ± 5% V. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-0,6/1kV 150-95-50-25, cunha lonxitude de 763 metros, para mellora do servicio eléctrico en Gresulfe e Xestar, no concello de Palas de Rei.

Orzamento: 4.334.000 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.

Lugo, 29 de setembro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-7158