Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 14 de novembro de 1995 Páx. 8.339

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de setembro 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4387 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.; r/ Sáenz Díez, 95 Ourense.

Finalidade: mellora do servicio eléctrico na zona.

Orixe da liña: apoio nº 7 L.M.T. ó C.T. Bariz e apoio nº 43 L.M.T. Vilaesteve-Feás.

Final: C.T. de Abelleiroa e Valmigallo.

Situación do transformador: Abelleiroa e Valmigallo.

Características: liñas de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56 de 54,6 mm Al, en apoios de formigón, cunha lonxitude de 1.010 metros ó L.M.T. de Abelleiroa e 130 metros ó L.M.T. de Valmigallo. Dous centros de transformación en Abelleiroa e Valmigallo, de 50 kVA, cada un de 20.000/380-220 V, en postes de formigón. Redes de baixa tensión en conductor R.Z.-95, cunha lonxitude de 90 metros, para mellora do servicio eléctrico en Abelleiroa e Valmigallo, no concello de Paradela.

Orzamento: 6.560.000 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.

Lugo, 28 de setembro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-7157