Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 13 de novembro de 1995 Páx. 8.309

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 1995, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se convoca concurso público aberto para a contratación dos servicios de asesoramento e mediación dos seguros privados.

Obxecto.

Será obxecto deste contrato a prestación á Administración da Comunidade Autónoma de Galicia dos servicios de mediación e asesoramento profesional preparatorios da formalización de contratos de seguros e reaseguros privados, así como a posterior asistencia ó tomador do seguro, ó asegurado ou ó beneficiario do seguro.

Os servicios descritos refírense ós seguintes grupos de riscos:

I: Riscos patrimoniais (continente e contido) de tódolos bens inmobles e mobles que integran o patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, coa excepción dos inmobles en alugueiro, así como de todos aqueles en que ostente a posesión por calquera título.

II: Riscos derivados de responsabilidade civil en que poida incorre-la Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e os seus organismos autónomos, xa sexa en razón dos seus bens, pola súa actividade o por calquera outra circunstancia relevante.

III: Riscos persoais referidos a accidentes e vida.

Dos tres anteriores quedan excluídos os riscos correspondentes ó lote IV.

IV: Riscos patrimoniais, persoais e de responsabilidade civil derivados do uso de vehículos de motor (automóbiles, embarcacións, etc).

Prazo.

O prazo máximo será de dous anos, contados a partir da data da sinatura do contrato.

Fianza.

Fianza provisional polo importe de 1.640.000 pesetas e fianza definitiva polo importe de 3.280.000 pesetas.

Condicións dos licitadores.

a) Persoas físicas, corredores de seguros que, posuíndo a correspondente titulación profesional, realicen a actividade mercantil de mediación en seguros privados sen manteren vínculos que supoñan afección con entidades aseguradoras con perda de independencia respecto a estas, e ofrecendo asesoramento profesional imparcial a quen demande a cobertura dos riscos que poidan afectarlles.

b) Sociedades mercantís nas que os seus estatutos recollan dentro do seu obxecto social a realización de actividades de corretaxe de seguros, con sometemento á lexislación específica de mediación de seguros privados.

Exposición de plegos de cláusulas.

Poderán ser examinados nas dependencias da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, Subdirección Xeral do Patrimonio, da Consellería de Economía e Facenda, edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, durante o período de presentación de proposicións, todolos días laborables, excepto sábados, das 9 as 14 horas.

Lugar e prazo de proposicións.

As proposicións presentaranse xunto co resto da documentación esixida polo plego de cláusulas administrativas particulares no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda, de 9 a 14 horas, todolos días laborables, excepto sábados.

O prazo de presentación de proposicións, que comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución de convocatoria do concurso no Diario Oficial de Galicia, rematará transcorridos 52 días naturais.

Apertura de proposicións.

O acto de apertura de proposicións terá lugar nas dependencias da Secretaría Xeral e do Patrimono ás 10 horas do terceiro día seguinte ó de finalización do prazo de presentación.

Aboamento dos anuncios.

Será por conta do adxudicatario ou adxudicatarios que deberán xustifica-lo seu abonamento antes da sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 1995.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda

95-6981