Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 13 de novembro de 1995 Páx. 8.302

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 2 de novembro de 1995 pola que se lle dá publicidade a resolución da Dirección Xeral da Función Pública do Ministerio para as Administración Públicas pola que se efectúa a formalización definitiva de adxudicacións do concurso ordinario de funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional convocado por resolución da dita dirección xeral do 5 de xuño de 1995 (BOE do 30).

De conformidade co establecido no artigo 22.2º do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, esta consellería,

DISPÓN:

Publica-la resolución da Dirección Xeral da Función Pública do Ministerio para as Administracións Públicas do 26 de outubro de 1995 pola que se efectúa a formalización definitiva de adxudicacións do concurso ordinario de funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional convocado por resolución de dita dirección xeral do 5 de xuño de 1995 (BOE do 30), e o anexo correspondente ó ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia co seguinte contido:

1. Adoptados polas corporacións locais competentes acordos da resolución do concurso ordinario de provisión de postos reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional convocado por Resolución do 5 de xuño de 1995.

2. Observadas, tralo estudio conxunto das ditas resolucións, adxudicacións coincidentes a favor de idénticos concursantes.

3. Efectúada, para lles dar carácter definitivo ós nomeamentos das respectivas corporacións locais, a

coordinación prevista no artigo 22.2º do Real decreto 1732/1994, esta dirección xeral

RESOLVE:

Formaliza-los nomeamentos definitivos a favor dos funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional unha vez realizado dito proceso de coordinación, de conformidade co anexo.

O prazo de toma de posesión dos funcionarios dos que se efectúan os nomeamentos será de 3 días hábiles a contados desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial do Estado, se se trata de postos na mesma localidade e dun mes se se trata do primeiro destino ou de postos de traballo en localidade distinta. Non obstante, os presidentes das corporacións poderán diferi-lo cesamento e a toma de posesión polo prazo que aconsellen as necesidades do servicio co límite establecido no artigo 23.2º do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo.

As corporacións locais deberán remitir a esta dirección xeral e ó órgano correspondente da Comunidade Autónoma respectiva, copia da acta de toma de posesión e cesamento, dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se produzan.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

Comunidade Autonóma de Galicia

Secretaría categoría superior.

A Coruña:

Concello de Culleredo 1530001

Non adxudicado pola corporación

Concello de Oleiros 1557001

Non adxudicado pola corporación

Intervención-tesourería categoría superior.

A Coruña:

Concello de Culleredo 1530002

Non adxudicado pola corporación

Concello de Oleiros 1557002

Non adxudicado pola corporación

Lugo:

Diputación de Lugo 2700101

Ferreiro Fernández, José DNI 33852423

Tesourería.

A Coruña:

Concello de Oleiros 1557003

Non adxudicado pola corporación

Secretaría categoría de entrada.

Pontevedra:

Concello de Cuntis 3615001

Non adxudicado pola corporación

Intervención-tesourería categoría de entrada.

Pontevedra:

Concello de Cuntis 3615002

Non adxudicado pola corporación.

Secretaría-intervención.

A Coruña:

Concello de Cabanas 1515001

López Vila, Antonio DNI 76796155

Lugo:

Concello de Lourenzá 2727001

González Pedregal, Mª Begoña E. DNI 32434821

Ourense:

Concello de Melón 3246001

Piñeiro de San Miguel, Fernando DNI 35413813

95-7144