Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 10 de novembro de 1995 Páx. 8.297

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de asunción pola Deputación Provincial de Lugo de funcións que delegan os concellos da provincia en materia de xestión tributaria.

A deputación provincial, en Pleno do 27 de marzo de 1995, adoptou o acordo polo que se aproban as bases que rexerán para a aceptación das delegacións que os concellos efectúen en materia de xestión, liquidación e recadación dos seus tributos, taxas, prezos públicos e demais exaccións, todo iso de conformidade co marco xurídico establecido polos artigos 106.3º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e o artigo 7 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, co seguinte detalle:

Bases que rexerán para a aceptación das delegacións que os concellos efectúen en materia de xestión, liquidación e recadación dos seus tributos, taxas, prezos públicos e demais exaccións.

Base I

A Deputación Provincial de Lugo asume:

a) As facultades que os concellos teñen atribuídas en materia de xestión tributaria do imposto sobre bens inmobles e do imposto sobre actividades económicas reguladas nos artigos 78.2º e 92.2º da Lei 39/1988, do 28 de decembro.

b) As competencias que os concellos teñen atribuídas en período voluntario dos impostos anteriormente citados e calquera outro imposto, taxas, prezos públicos de cobro periódico anual que se recadan mediante padrón.

c) Tódalas competencias en materia de xestión recadatoria en período executivo, para facer efectivas as liquidacións periódicas e non periódicas correspon

dentes a débedas liquidadas polos concellos non ingresadas en período voluntario.

Base II

As facultades delegadas, tanto en relación con actuacións materiais como xurídicas, serán exercidas pola Deputación Provincial de Lugo, a través de calquera das formas de xestión previstas pola lei e que determine a expresada corporación.

Base III

Para o exercicio das facultades delegadas, o Servicio Provincial de Recadación aterase ó ordenamento local e demais lexislación aplicable de acordo co establecido na Lei reguladora das facendas locais así como á normativa en materia de xestión e recadación tributarias que poida dicta-la Deputación Provincial de Lugo, en uso da potestade regulamentaria prevista no artigo 106.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril.

Base IV

Os concellos prestaranlle á Deputación Provincial de Lugo a colaboración que resulte necesaria para a boa prestación do servicio.

Base V

Polo exercicio das funcións delegadas a Deputación Provincial de Lugo percibirá unha compensación económica consistente en:

a) O 6% do principal recadado en período voluntario.

b) O recargo do constrinximento, mailas custas e xuros do recadado en período executivo.

Estas compensacións económicas serán deducidas das liquidacións que se realicen.

Estas porcentaxes poderán ser revisadas en función da evolución dos ingresos e custos do servicio, por acordo de ámbalas partes.

Base VI

A Deputación Provincial de Lugo poderá negociar con entidades de crédito un sistema de anticipos periódicos, a conta dos recursos xestionados, os cales quedarán afectados en garantía do reintegro dos anticipos entregados ós concellos. A cantidade do anticipo non superará o 75% da recadación obtida no exercicio inmediato anterior. O custo financeiro dos anticipos referidos será a cargo dos concellos.

Base VII

No mes de decembro faráselle ó concello unha liquidación anual, sen prexuízo da realización de liquidacións parciais, que serán efectuadas segundo o calendario de recadación que se elabore, e sen custo financeiro.

Base VIII

A Deputación Provincial de Lugo e os concellos configurarán o seu compromiso mediante a formali

zación dun convenio que subscribirán os respectivos presidente e que terá unha vixencia de dez anos, renovada automaticamente por prazos iguais, se ningunha das partes manifesta expresamente a súa vontade en contra, mediante acordo plenario adoptado e comunicado no primeiro semestre do penúltimo ano de vixencia da delegación.

Base IX

As bases anteriores non lles serán de aplicación ós concellos que deleguen exclusivamente a recadación executiva sen incluí-la recadación voluntaria dalgún dos seus impostos.

Distintos concellos da provincia adheríronse ás bases anteriores adoptando os correspondentes acordos de delegación co alcance e contido seguintes:

MunicipioData do

acordo

XestiónRecadación en

P. voluntario

Recadación en

P. executivo

Alfoz8-9-1995I.B.I.

Antas de Ulla13-7-1995I.B.I.

I.V.T.M.

Idem.

Baleira13-9-1995I.B.I.

Barreiros8-4-1995I.B.I.

I.V.T.M.

Idem.

Bóveda25-9-1995I.B.I.

Burela14-8-1995I.A.E.I.A.E.Idem.

Carballedo24-4-1995I.B.I.

A Fonsagrada27-7-1995I.B.I.

Friol5-7-1995I.B.I.

Guitiriz18-9-1995I.B.I.

O Incio20-9-1995I.B.I.

Lourenzá7-7-1995I.B.I.

I.V.T.M.

Idem.

As Nogais2-5-1995I.B.I.

Pantón27-9-1995I.B.I.

Paradela26-7-1995I.B.I.

O Páramo25-3-1995I.B.I.

Pol7-9-1995I.B.I.

MunicipioData do

acordo

XestiónRecadación en

P. voluntario

Recadación en

P. executivo

Rabade13-9-1995I.B.I.

Triacastela6-4-1995I.B.I.

Vilalba1-8-1995I.B.I.

Viveiro29-9-1995I.A.E.I.A.E.Idem.

Xove7-7-1995I.B.I.I.B.I.

I.V.T.M.

Idem.

Lugo, 4 de outubro de 1995.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente

Faustino Martínez Fernández

Secretario

c) OUTROS ANUNCIOS

7238