Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 10 de novembro de 1995 Páx. 8.292

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto da liña M.T. ó C.T. A Riba-Friamonde, concello da Estrada, a favor da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. (Expediente número 125/1992 A.T. e outro máis).

En cumprimento do ordenado no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, en relación co nº 6 do artigo 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, faise saber, en resumo, a tódolos interesados afectados pola execución do proxecto de referencia, a urxente ocupación do cal foi outorgada polo Decreto 261/1995, do 29 de setembro (DOG nº 197, do 13-10), que o día 30-11-1995, a partir das 11 horas o representante da Administración dará comezo ó levantamento sobre o terreo das actas previas á ocupación, correspondentes ós predios situados no concello da Estrada sinalados cos números que en folla adxunta se detallan. Os ditos interesados, na respectiva notificación individual que mediante cédula se lles practicará, serán avisados coa debida anticipación legal do día e hora en que para cada un terá lugar a dita dilixencia. Nos ditos actos poderanse facer

acompañar dos seus peritos e dun notario, á súa custa, se así o estimasen conveniente.

A relación será fixada no taboleiro de anuncios do concello e nos desta delegación.

Vigo, 19 de outubro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9507145