Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 10 de novembro de 1995 Páx. 8.291

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 129-1/1995).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra Fuciños Rivas, S.L.

Enderezo social: Ronda da Coruña, 36, 15800 Melide.

Denominación: L.M.T. Mosteiro-Niñodaguia-Chorén e L.M.T., C.T., R.B.T. Barazón.

Situación: Santiso (A Coruña).

Características técnicas:

-L.M.T. aérea, a 15/29 kV, de 2.479 m de lonxitude, en conductor tipo LA-30, que parte do C.S. de Mosteiro e remata no C.T. de Chorén.

-L.M.T. aérea, a 15/20 kV, de 721 m de lonxitude, en LA-30, que parte do apoio nº 23 da L.M.T. anterior e remata no C.T. de Barazón Grande de 100 kVA e acoplamento á rede de baixa tensión. Concello de Santiso.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 6 de outubro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-7135