Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 10 de novembro de 1995 Páx. 8.290

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de setembro 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4395 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA); r/ Cidade de Viveiro, 4-1º Lugo.

Finalidade: mellora do servicio eléctrico da zona.

Orixe da liña: prolongación da L.M.T. ó C.T. O Carqueixo.

Final: C.T. que se vai instalar.

Situación do transformador: poblado de Nazareth.

Características: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 e unha lonxitude de 854 metros-aérea, con apoios metálicos e de formigón. Centro de transformación en torre metálica, de 100 kVA. 20.000/398-230 V ± 5%. Rede de baixa tensión aérea e subterránea con cable R.Z.-0,6/1 kV de 3x95/54,6 Al, R.Z.-0,6/1 kV de 3(1x95) + 1x70 mm Al, cunha lonxitude de 544 metros, para mellora do servicio eléctrico no poblado de Nazareth-Santa María de Bóveda, no concello de Lugo.

Orzamento: 4.927.125 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.

Lugo, 29 de setembro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-7108