Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 10 de novembro de 1995 Páx. 8.288

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 1995, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se inicia expediente de modificación concesional (segregación de tráficos) da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-1078; XG-061, entre Vilalba e Adai, con anexos.

Ó amparo do establecido no regulamento de execución da Lei de ordenación dos transportes terrestres, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iníciase expediente de modificación concesional (segregación de tráficos) e transmisión da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de viaxeiros por estrada: V-1078; XG-061, entre Vilalba e Adai, con anexos, da titularidade de José Abeledo Rodríguez.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente, efectua-las observacións que estimen oportunas no prazo de quince días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O exame da documentación do expediente poderá realizarse nas oficinas do Servicio Provincial de Transportes de Lugo (Estación de Autobuses). A presentación de alegacións deberá efectuarse ante ese mesmo órgano administrativo.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 1995.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

7148