O 4 de outubro de 1995, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria recibe da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo nº 01/0001661/95, interposto por Raúl Rios Álvarez, contra orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia de data 14 de xullo de 1995, sobre modificación de centros públicos de preescolar infantil e primaria no ámbito da Comunidade Autónoma.
En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento, e emprázaselles para que poidan comparecer en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.
Santiago de Compostela, 20 de outubro de 1995.
Juan José Bértolo Cadenas
Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
7093