Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 08 de novembro de 1995 Páx. 8.229

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA de notificación do 10 de outubro de 1995, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de pregos de cargos en expedientes sancionadores (C-1104/95 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que se relacionan a continuación o prego de cargos en expedientes sancionadores, instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG nº 99, do 27 de maio e BOE do 30 de setembro), sobre infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen do prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula, para poderen examina-los expedientes na Delegación Comarcal da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Ribeira (Praza dos Mariñeiros, s/n), e presentar perante a dita delegación as alegacións que consideren pertinentes conforme o disposto no artigo 16.4º da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Nº de expediente: C-1104/95.

Denunciada: Carmen Hermida Fernández.

Domicilio: Xral. Franco, Noia (A Coruña).

Nº de expediente: C-1132/95.

Denunciado: Francisco Beira Pérez.

Domicilio: Caldebarcos-Carnota (A Coruña).

Nº de expediente: C-1158/95.

Denunciado: Manuel Volivar Martínez Ramos.

Domicilio: Virxe do Camiño, 3-baixo, Muros (A Coruña).

A Coruña, 10 de outubro de 1995.

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña

95-6942