Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 08 de novembro de 1995 Páx. 8.227

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 30 outubro de 1995, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto con trámite de urxencia, para a contratación dunha consultoría e asistencia de gravación informática de fichas do censo de minusválidos.

Obxecto: gravación informática de fichas que conteñen os datos do censo de minusválidos da Coruña e Pontevedra.

Tipo de licitación: 4.000.000 de ptas. (IVE incluído).

Prazo de execución: ata o 30 de decembro de 1995.

Forma de adxudicación: procedemento aberto, mediante concurso, polo trámite de urxencia.

Garantía provisional: 80.000 ptas.

Exposición de pregos: o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán examinarse na Dirección Xeral de Servicios Sociais ou en calquera das delegacións da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas, durante o prazo de presentación de proposicións.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do regulamento xeral de contratación.

Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Dirección Xeral de Servicios Sociais ás 10 horas do quinto día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Variantes: non se admiten.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso correrá por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 1995.

P.D. (Orde 7-5-1994)

Manuel Aguilar López

Director xeral de Servicios Sociais

95-6943