Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 08 de novembro de 1995 Páx. 8.223

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4368 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA); r/ Cidade de Viveiro, 4-1º Lugo.

Finalidade: subministrar enerxía eléctrica ó polígono Acea de Olga, en Lugo.

Orixe da liña: no C.T. nº 1 e C.T. nº 11, que se concetarán as L.M.T.s.. Veterinaria-subestación Mercedes e subestación Lamas de Prado.

Final: Nos C.T. existentes.

Situación do transformador: nos locais construídos para este fin.

Características: liña de media tensión subterránea a 20 kV, con conductor de 1x240 mm Al, tipo D.H.V. 15/25 kV, cunha lonxitude de 31.035 metros de conductor unipolar. Centros de transformación de 1x630 kVA 20.000 + - 5% /380/220 V, para dar servicio eléctrico ó polígono Acea de Olga, en Lugo.

Orzamento: 93.347.900 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.

Lugo, 14 de setembro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-6965