Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:
Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA); rúa Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.
Finalidade: subministrar enerxía eléctrica ó edificio Vivendas Sociais, en Lourenzá.
Orixe da liña: nunha torre metálica da liña aérea de media tensión Mondoñedo-Foz.
Final: no C.T. que se vai instalar.
Situación do transformador: no local edificio Vivendas Sociais.
Características: liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 520 metros, conductor designación D.H.V. 15/25, de 1x150 mm Al. Centro de transformación de 1x400 kVA 20.000 + - 5% V/398-220 V, para dar servicio eléctrico ó edificio Vivendas Sociais, Lourenzá.
Orzamento: 15.661.000 pesetas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.
Lugo, 13 de setembro de 1995.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
95-6959