Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 07 de novembro de 1995 Páx. 8.182

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 1995, da Comisión de Goberno Municipal da Coruña, pola que se anuncia concurso para a subministración dunha impresora láser.

Obxecto: subministración dunha impresora láser de alta producción con destino á Área de Informática (Ref. S95/164).

Tipo de licitación: 5.500.000 pesetas (IVE incluído).

Garantías: provisional: 110.000 pesetas; definitiva: 4% do importe da adxudicación.

Modelo de proposición: as proposicións económicas axustaranse ó seguinte modelo:

«D/Dª...., veciño/a de ...., con enderezo en ...., provisto/a de DNI nº ...., en representación de ...., con enderezo en .... (ou en nome propio), interesado do anuncio de concurso para subministración dunha impresora láser de alta producción con destino á Área de Informática, e do prego de condicións que o regulan, que acepto integramente e me comprometo a acatar, formulo proposición pola que opto á adxudicación polo prezo de .... pesetas (IVE incluído) e no prazo de ....

En proba de aceptación de tales compromisos, deixo asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como xustifico co resgardo adxunto.

Data e sinatura do/a propoñente».

Presentación de proposicións: presentaranse en sobre cerrado no rexistro xeral de entrada deste concello, en man ou por correo, no prazo de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, de nove a trece horas. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

Prego de condicións: poderán ser examinados e retirada copia no Negociado de Subministracións e Compras, 2ª planta do pazo municipal , praza de María Pita, nº 1, 15008 A Coruña.

A Coruña, 25 de outubro de 1995.

O alcalde

Rubricado

Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273