Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 07 de novembro de 1995 Páx. 8.177

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 28 de xuño de 1995, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente número 313 de clasificación do monte «Bustelo, Berbia e Cargadoiro», pertencente á parroquia de Entrecruces, concello de Carballo.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítase expediente nº 313 de cla

sificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Denominación: monte «Bustelo, Berbia e Cargadoiro».

Comunidade: parroquia de Entrecruces.

Concello: Carballo.

Superficie: 66,75 Ha.

Lindeiros: coincide co monte «Bustelo, Berbia e Cargadoiro», nº 397 do CUP.

Norte: desde o piquete nº 1, seguindo a orde de piquetes, ata o nº 67, con propiedades particulares de veciños das parroquias de Seavia e Silvan, concello de Coristanco.

Leste: desde o piquete nº 67 ó nº 86, con propiedades particulares de veciños de Entrecruces.

Sur: desde o piquete nº 86 ó nº 168, con propiedades particulares de veciños de Entrecruces-Vilela.

Oeste: desde o piquete nº 168 ó nº 171 e deste ó nº 1, co monte «Río do Sol», concello de Coristanco.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimento da orde do instructor, de data 28 de xuño de 1995, conforme ó disposto na Lei de montes veciñais en man común de 10 de outubro de 1989 e demais disposicións de aplicación, por medio do presente faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no Art. 23 do Regulamento de 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ó de publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións estimen oportunas na defensa dos dereitos que crean asistirlles en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que estimen conveniente ó respecto.

A Coruña, 28 de xuño de 1995.

Manuel Puente Araújo

Secretario do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

9507269