Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 07 de novembro de 1995 Páx. 8.175

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia de novo a licitación, polo procedemento aberto por poxa e tramitación urxente, das obras que se citan (RC-AC-95.05 e catro máis), e se anula a anterior resolución desta delegación provincial, do día 19 de outubro de 1995, publicada no DOG número 211 do pasado 3 de novembro, relativa a estas mesmas obras, por anunciarse coa omisión dunha parte esencial dela, motivo polo cal tamén se modifica o apartado I.

A) Obras.

Clave: RC-AC-95.05.

Título: limpeza de foxos, recargo e regas asfálticas na AC-130 Ares a Mugardos, p.k. 0,648/3,686.

Orzamento: doce millóns trescentas dez mil cincocentas oitenta pesetas (12.310.580 ptas.).

Clasificación: non se esixe.

Prazo de execución: doce meses.

Clave: RC-AC-95.06.

Título: apertura de foxos, recargo e regas asfálticas na AC-133 ramal de AC-122, p.k. 2,046/5,630.

Presupuesto: dezaseis millóns setecentas oitenta mil novecentas sesenta e seis pesetas (16.780.976 ptas.).

Clasificación: non se esixe.

Prazo de execución: doce meses.

Clave: RC-AC-95.07.

Título: tratamentos asfálticos en tramos illados da C-552, A Coruña-Fisterra e LC-402 camiño de Sta. Comba A Silva.

Orzamento: doce millóns catrocentas noventa e nove mil cincocentas vintedúas pesetas (12.499.522 ptas.).

Clasificación: non se esixe.

Prazo de execución: mes e medio.

Clave: RC-AC-95.65.

Título: muros de contención na estrada AC-164 p.K. 2,200 e na estrada AC-141 p.k. 15,200.

Orzamento: sete millóns trescentas sesenta e seis mil novecentas noventa e cinco pesetas (7.366.995 ptas.).

Clasificación: non se esixe.

Prazo de execución: seis meses.

Clave: OH-95-177 Santa Comba.

Título: proxecto de abastecemento de auga a Boaña de Arriba (Sta. Comba).

Orzamento: doce millóns novecentas setenta mil setecentas cincuenta e unha pesetas (12.970.751 ptas.).

Clasificación: non se esixe.

Prazo de execución: doce meses.

B) Documentación de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto, estarán de manifesto e a disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, nos días e horas hábiles de ofina na delegación provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Servicio Provincial de Contratación, edificio administrativo de Monelos, 8º andar, na Coruña.

C) Garantías que se lles esixe ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no apartado A), salvo nos casos establecidos na cláusula nº 14 do prego de cláusulas administrativas particulares, e unha fianza definitiva do 4% do orzamento de licitación.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se une ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Contido de proposición.

Segundo o indicado na cláusula nº 15 do prego de cláusulas administrativas particulares.

F) Medios de xustificación de solvencia económica e financeira.

Declaración relativa á cifra de negocios global e das obras ou traballos realizados nos tres últimos exercicios.

G) Medios de xustificación da solvencia técnica.

Declaración indicando maquinaria, material e equipo técnico, dos que dispoñerá o empresario, para a execución das obras.

H) Presentación de proposicións.

Ás proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente no rexistro da Delegación Provincial da Coruña, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolucióno DOG, ou enviadas por correo

dentro do prazo de admisión conforme o disposto no artigo 100 do Reglamento xeral de contratación do Estado.

I) Apertura de proposicións.

Terá lugar na sala de xuntas da Delegación Provincial da Coruña a partir das 10 horas do terceiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que, o dito día, coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

J) Anuncios.

O gasto dos anuncios será por conta dos adxudicatarios.

A Coruña, 3 de novembro de 1995.

P.O. (Orde 30-1-1995 e 10-2-1995)

Jesús Almuiña Loeda

Delegado provincial da Coruña

95-6821